miércoles, 31 de enero de 2018

DÍA DA PAZ, 30 DE XANEIRO

O día 30  de xaneiro celebramos tod@s xuntos ao DÍA DA PAZ. Despois do recreo baixamos ao patio e colocámonos para cantar e bailar a canción elexida, MADRE PAZ













DÍA DA PAZ 2018 from Bibliosabidiña on Vimeo.

martes, 30 de enero de 2018

DÍA DA PAZ 2018

Na biblioteca temos unha exposición de libros ,lecturas pola paz, para traballar esta conmemoración.


EXPOSICIÓN DÍA DA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro celébrase o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.Na  biblioteca tivemos un obradoiro relacionado con esta celebración e o noso proxecto anual.Os nen@s elaboraron un mural con debuxos de Pablo Picasso.






Os alumn@s do OBRADOIRO DE ARTE de 5º elaboraron un mural colaborativo para esta celebración.




jueves, 25 de enero de 2018

VOLUNTARIADO DE LECTURA -A

Un ano máis, o noso centro ,participa na iniciativa de Bibliotecas Escolares Solidarias 2017 / 2018, Voluntariado de lectura -A. Participaremos en dúas modalidades :modalidad 1 :colaboración coa biblioteca escolar e modalidad 2 :Ler con ...D (lecturas compartidas dentro do centro).

Este programa é o resultado dunha colaboración entre a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería de Cultura, Educación e O.U.) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social).


Os nosos axudantes de Biblioteca para este curso, como sempre, dispostos a axudar e colaborar ao máximo coas profes do equipo de Biblioteca.Sodes estupendos é un placer contar con nen@s tan implicados na biblioteca.

Grazas, por adicar o voso tempo a colaborar e axudar.





miércoles, 24 de enero de 2018

RECURSO PARA: DÍA DA PAZ , 30 DE XANEIRO

Neste symbaloo creado polo Equipo de Biblioteca dispoñedes de recursos didácticos para traballar na aula o DÍA DA PAZ:contos,cadernos de traballo,colorear mandalas, cancións...


 

martes, 23 de enero de 2018

CANCIÓN DO DÍA DA PAZ

A canción que cantaremos o DÍA DA PAZ o vindeiro 30 de xaneiro é MADRE PAZ.

Deixámosvos un vídeo preparado polos alumnos do obradoiro de danza de 6º como tutorial para o aprendizaxe do baile.


DÍA DA PAZ: MADRE PAZ from Bibliosabidiña on Vimeo.


jueves, 4 de enero de 2018

CALENDARIO 2018 DO LIBRO E DA LECTURA


A Consellería de cultura preséntanos o  Calendario 2018 coas datas máis importantes a celebrar arredor do libro e a lectura.

Aniversarios de obras e autores ,así , en 2018 celébranse o medio século da publicación de A galiña azul, de Carlos Casares, na véspera de Noiteboa; os 130 anos do nacemento de Otero Pedrayo, o día 5 de marzo; as sete décadas do célebre discurso “Alba de gloria”, pronunciado por Castelao o 25 de xullo de 1948 en Buenos Aires; ou os 90 anos do poemario de Manuel Antonio De catro a catro, que viu a luz o 27 de marzo de 1928.