domingo, 22 de diciembre de 2013

BO NADAL

BO NADAL E FELICES LECTURAS.


GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL.







Sabidiña e o Equipo de Biblioteca do CEP Altamira.

viernes, 20 de diciembre de 2013

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS

Hoxe no Festival de Nadal tivo lugar a entrega de Premio do Concurso de Postais organizado pola Biblioteca.Os premiados foron os seguintes:


1º Nivel :ANDRÉS MARTÍNEZ BARROS

2º Nivel: RUBÉN ÁLVAREZ VALCARCEL

3º Nivel: RITA MARTÍNEZ GONZÁLEZ

4º Nivel . NEREA GONZALO CARLINI

5º Nivel : AINHOA VAQUEIRO ROMERO

6º Nivel : UXÍA BARROS BOENTE

Aqui tedes as postais gañadoras.







 

martes, 17 de diciembre de 2013

domingo, 8 de diciembre de 2013

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Dende a Biblioteca, Sabidiña ínvitavos a participar no CONCURSO DE POSTAIS NAVIDEÑAS 2013. O tema central é o nadal. Os participantes deben entregar a postal na biblioteca do centro durante o recreo. O plazo remata o día 10 de decembro.

Animádevos a participar.

NADAL- INVERNO

Na biblioteca tedes unha exposición de fondos con lecturas de Nadal e de inverno.


viernes, 6 de diciembre de 2013

INGRESO NA RAG DE FINA CASALDERREY



A escritora galega Fina Casalderrey ingresou o día 22 de novembro como académica na Real Academia Galega(RAG).O acto tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra.
Fina Casalderrey, nacida en Xeve(Pontevedra) compaxinou a súa faceta de escritora coa de mestre de educación secundaria. É destacada a súa obra sobre todo no ámbito da literatuta infantil e xuvenil.

lunes, 25 de noviembre de 2013

LIBRO-DISCO DOS BOLECHAS


"Os bolechas fan unha banda" é o título do primeiro libro-disco que publica a popular saga creada por Pepe Carreiro.Reúne a dez coñecidas bandas e artistas galegos, como The Homens, Aid, Eladio y Los Seres Queridos, Alex Casanova...

martes, 12 de noviembre de 2013

APERTURA DA BIBLIOTECA

A nosa mascota Sabidiña mandounos unha carta a todas as aulas do cole anunciándonos a apertura da biblioteca.Os axudantes da biblio foron a radio para lembrar a apertura. Aqui tedes a carta de Sabidiña e as fotos dos primeiros días.

Apertura da biblioteca from Angiefidalgo on Vimeo.

lunes, 11 de noviembre de 2013

LIBRO-DISCO "PAN DE MILLO"


Con motivo da exposición no noso cole sobre o millo, tedes a voso disposición na biblioteca o libro "Pan de Millo" do grupo Migallas.

"Pan de Millo" é un libro- disco publicado por Kalandraca.Os arranxos e adaptacións están feitos por Magoia Bodega e Paula Nogueira, músicos e educadores, membros do grupo Treixadura.As iustracións son de Dani Padrón. Reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais de Migallas.

martes, 5 de noviembre de 2013

lunes, 28 de octubre de 2013

DÍA DA BIBLIOTECA

Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares 2013 levamos a cabo durante a semana unha sesión de formación de usuarios na que participaron todas as aulas cos seus respectivos titores.


Formación de usuarios from Angiefidalgo on Vimeo.

domingo, 20 de octubre de 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Todos os anos a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un cartel para conmemorar o DÍA DA BIBLIOTECA ( 24 de outubro).


O lema elixido para este curso 2013 / 2014 é : LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos divulgativos e de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.

Todos estos contidos teñen cabida na Biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de Patricia Castelao.

lunes, 14 de octubre de 2013

ENTREGA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana o equipo de biblioteca entregou nas diferentes aulas do noso cole as Mochilas Viaxeiras .Agardamos que pasedes un tempo de lecer en familia disfrutando do seu variado contido. Boas lecturas.

MOCHILAS VIAXEIRAS from Angiefidalgo on Vimeo.

lunes, 7 de octubre de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

Co comenzo do novo curso iniciamos a entrega das Mochilas Viaxeiras.

Serán 23 mochilas que viaxarán as casas dende o mes de outubro ata maio que regresen a biblioteca.O titor fará entrega cada semana da mochila a un alumn@.

Cada familia é importante:
.Puntualidade á hora de entregar a mochila.
.Coidar do seu contido.
.Comprobar que o seu contido este completo.
.Desfrutar xuntos do material

O contido da Mochila é variado:
-Nota para ás familias.
-Materiais diversos: contos, comics, DVD, revista.
-Caderno viaxeiro .No que cada familia escribirá:
   -O seu nome, a data que recibe a mochila e a entrega ao cole, o que máis lle gustou ou mesmo un debuxo.




BOAS LECTURAS.

viernes, 4 de octubre de 2013