sábado, 20 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS ,EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou unha proposta de actividades para conmemorar as Letras Galegas.Foron as seguintes:

  • Venres 5 de maio os alumnos/as de 1º, 2º e 3º nivel acudiron ao auditorio de Salceda para ver a representación da obra A GALIÑA AZUL a cargo do grupo Ubú teatro.



  • Venres 12 de maio o grupo de animación A run run xogos e enredos acudiu o noso colexio para deleitarnos coas seguintes actuacións:
Obra de teatro titulada :Dixo Thais e non se fale máis, para os alumnos de 4º, 5º e 6º nivel.E Contos na Maleta para o alumnado de 1º, 2º e 3º nivel. 


  • Martes 16 de maio o alumnado do obradoiro de teatro de 6º nivel representou a obra teatral :As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, para todo o alumnado do cole en dúas actuacións.



  • O xoves 18 de maio tivo lugar o festival do 3º ciclo e tamén acudiron ao centro o grupo MAIMIÑAS para os niveis de 1º, 2º e 3º.






  • O venres 19 de maio tivo lugar o festival do 1º e 2º ciclo,e o alumnado de 4º, 5º e 6º nivel contaron coa actuación do grupo ALGARABÍA.





  • A maiores houbo varias EXPOSICIÓNS:
  • Exposición de parte do decorado e traxes da obra : As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, cedido polo Centro Dramático Galego.




  • Exposición de ferramentas de VELLOS OFICIOS:( barbeiros, cesteiros, latoeiros,  costureiras e zapateiros.)



  • Exposición relativa a , CARLOS CASARES, realizada coas aportacións dos alumnos de 6º nivel.


lunes, 15 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017, CARLOS CASARES

O escritor Carlos Casares (Ourense, 1941-Nigrán, 2002) é o homenaxeado no Día das Letras Galegas no 2017, segundo a decisión pola Real Academia Galega (RAG).

Dende a biblioteca temos unha exposición de libros do autor e tamén realizaremos un obradoiros de marcapaxinas na súa lembranza.


Marcador adicado a CARLOS CASARES






O alumnado de segundo nivel realizou unha exposición de caritaturas do autor, un traballo moi colorido e xenial!!!





Paxinas para traballar a figura de CARLOS CASARES.
  • Seminario Galán



  • Real Academia Galega:Primavera das letras



  • Páxina da Asociación de Escritoras e Escritores 
    en Lingua Galega(AELG)


http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/carlos-casares

jueves, 11 de mayo de 2017

RADIOSABIDIÑA

Lara e Marta Lemos en RadioSabidiña




O luns 8  de maio  Marta L. e Lara, axudantes de biblioteca e representantes de RadioSabidiña acudiron a dar uns recados a Radio Altamira na sección de "Sabidiña informa".As novas foron as seguintes:

  • Como todos os anos na semana do libro celebrámolo por todo o alto:contacontos, exposición, obradoiros...Este ano contamos coa presenza do noso inspector Miguel Hernández que abriu o acto do  apadriñamento lector lendo un fragmento do Quixote .Moitas grazas.
  • Na biblioteca tedes a exposición  feitas polas aulas do noso proxecto:Sabidiña pasea pola historia.Tedes que visitala está precisosa.
  • No 2017 cumple 80 anos o cadro de Picaso , O Guernica...os alumnos de sexto fixeron unha interpetración do mesmo , quedoulles preciosa,tamén a tedes na exposción dos traballos.
  • Como xa sabes este ano as Letras Galegas van adicadas a Carlos Casares,escritor de obras como As laranxas máis laranxas de tódalas as laranxas,obra que están a traballar os alumnos do obradoiro de teatro e que representaran na semana de Letras.Na biblioteca tedes unha exposción de libros escritos polo autor e teremos un obradoiro de marcapáxinas adicado a Carlos Casares.
  • Proximamente seguiremos co torneo de xadrez,xa estamos nas semifinais, estade atentos.
  • E por último dar as grazas os voluntarios e voluntarias por tdo o seu traballo.Proximamente representaran unha peza de teatro que están a preparan con moito esmero.

E RECORDADE AMIGOS E AMIGAS QUE AÍNDA QUE NON A MIREDES, SABIDIÑA ESTÁ AGOCHADIÑA ENTRE OS LIBROS.

jueves, 4 de mayo de 2017

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

No CEP Altamira de Salceda de Caselas celebramos ao longo desta  semana a conmemoración do Día do Libro a través de diversos actos, coordinados dende o equipo de biblioteca.

As actividades levadas a cabo foron moitas e diversas:
  • EXPOSICIÓN DE TRABALLOS sobre o proxecto de historia:Sabidiña viaxa a través da historia.
























  






  • APADRIÑAMENTO LECTOR

As aulas do noso centro participaron no APRADRIÑAMENTO LECTOR do Día do libro,o alumnado de 4º, 5º e 6º apradiñou os máis pequenos de 1º, 2º e 3º nunha actividade de lectura compartida.Os padriños /madriñas escolleron un libro da biblioteca durante a semana, tendo en conta a idade dos seus afillados/as  na súas de sesións biblioteca , acudiron as aulas a coñecer os seus afillados e   foron a recollelos as aulas para ir xuntos ao patio e compartir a lectura do libro elexido.Entre os obxectivos desta actividade estan:Animar a ler ao alumnado, tanto aos maiores como aos máis pequenos,favorecer a comunicación e afectividade entre os alumnos de distintas idadesfFavorecer o saber escoitar,Implicar aos rapaces maiores no proceso de aprendizaxe dos pequenos e fomentar a convivencia: escoita ao outro, respecto...

Este ano contamos coa presenza e participación do inspector do centro, Miguel Hernández.Foi o encargado de abrir o acto coa lectura do primeiro capitulo de El Quijote dende as instalacións de Radio Altamira ,a emisora do centro.











  • CONCERTO DIDÁCTICO
Para rematar o acto un grupo de alumnos interpretaron varias pezas musicais, a cargo da profe de Música Paula.




Queremos agradecer especialmente o Sr. inspector Miguel Hernández a súa participación nestes actos do Día do Libro.Así mesmo a toda a comunidade educativa pola súa implicación e participación.


O Sr. inspector recibindo da nosa directora un agasallo en lembranza deste dia.


  • CONTACONTOS

O venres ,Eva, compoñente do equipo de biblioteca levou a cabo un contacontontos na biblioteca.Os libros elexidos foron :Sacapenas, Pasiño e Se eu fose moi alto.